Cerimonia de conmemoración da reencarnación de Tone-Krisma

by

Por fin voltamos das vacacións, estabamos desexando deixar atrás a estación estival, coas súas festas, praias e xente semiespida pola rúa para dirixirnos cara o outono, etapa de maior recollimento e máis castañas.

Este pasado 17 de agosto o equipo de malas ideas, facendo uso dos seus contactos nos máis recónditos e escuros recunchos da nosa sociedade, poido asistir á peculiar xuntanza da secta Ki-Nosho-Midán, que podería traducirse como “aqueles patéticos que levan chapeu alto” (aínda que non vimos ningún chapeu por alí, nin alto nin baixo).

Esta secta reuniuse para celebrar a cerimonia de conmemoración da reencarnación fai 31 anos de Tone-Krisma, un místico chinés do século IV a.c., o cal entraba éxtase derrubándose no chan cada vez que consumía un determinado beberaxe, alcanzando o nirvana de xeito espontáneo dous milenios antes que Kurt Cobain.

Foron aparecendo ao longo da noite os sinais clásicos que confirman a validez da reencarnación, como poden ser a chuvia de ovos, a caida ao chan tras o baile ritual dun danzante ou a pronuncia de verbas en linguas descoñecidas.

Podedes ver o arrepiante testemuño gráfico da velada pinchando na imaxe de abaixo.

intre da ofrenda

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: